Dúas fins de semana en abril para iniciarse no apasionante mundo da espeleoloxía

y. g. MONDOÑEDO \ LA VOZ

A MARIÑA

Cedida

O curso está convocado pola Federación Galega de Espeleoloxía para maiores de 15 anos e desenrolarase os días 6, 7, 13 e 14

27 mar 2024 . Actualizado a las 13:13 h.

A Federación Galega de Espeleoloxía convoca para abril, nas fins de semana do 6 e 7, máis 13 e 14, en Mondoñedo, un curso de iniciación á espeleoloxía. A formación estará impartida por técnicos da FGE e levarase a cabo tanto na sé da federación, no Pazo de Santo Tomé, como no complexo deportivo Viñas da Veiga, onde está o espeleódromo. A inscripción está aberta a maiores de 15 anos de idade (no caso de menores deben presentar autorización debidamente cumplimentada). A segunda fin de semana será na cova, en horario continuado de 9.00 a 18.00 horas. A inscripción tramítase por email, a espeleoloxia@espeleoloxia.org e o prazo rematará o próximo día 2 de abril. Máis información no teléfono 982 507 227, en horario de 9.30 a 13.30 horas, ou por correo electrónico.