Na memoria de José Cabaleiro (d.e.p.)

A MARIÑA

PEPA LOSADA

15 may 2024 . Actualizado a las 16:49 h.

Como se trabucou o tempo e puxo diante na túa vida ese minuto fatal, tempraneiro, prematuro! Nese segundo terrible da noticia, apretóuseme o corazón ata quedar sen alento e espalláronse polo chan un millón de lembranzas.  

Recordos dunha nenez e xuventude compartida: partidos de fútbol no Campo dos Bolos entre o barrio de arriba e o barrio de abaixo, partidas ás bolas no Cantón, tardes de verán bañándonos no Pombo e moitos máis... milleiros de momentos que anegaron as nosas vidas de pícaros e mozos, de risos compartidos. 

Levas eternamente contigo un pedazo de todos nós e deixas nas nosas vidas para sempre un gran pedazo de ti. Ata sempre Miche, Jose,  AMIGO.

* (Na memoria de José Cabaleiro Seivane, falecido nun accidente na canteira Santa Cecilia de Mondoñedo este pasado martes).