O Conservatorio de Música de Viveiro celebrará este xoves o seu concerto de fin de curso
VIVEIRO / LA VOZ
A MARIÑA

As actuacións darán comezo ás 19.00 horas no Teatro Pastor Díaz
22 may 2024 . Actualizado a las 20:14 h.O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro celebrará este xoves, 23 de maio, ás 19.00 horas no Teatro Pastor Díaz o tradicional concerto de fin de curso. Haberá actuacións infantís, ademais da actuación do grupo de cámara e dos grupos eléctricos. Este ano farase unha viaxe ao pasado, a unha das décadas máis icónicas: os oitenta. Os temas máis destacados do pop rock, de grupos como Mecano, Parchís, Siniestro Total ou Europe soarán interpretados polo alumnado.