Máis de 500 nenos de Viveiro participaron na celebración dos Maios na Praza Maior

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Xaime Ramallal

Asistiron alumnos cos colexios de Galdo, Covas, Lois Tobío, San Roque e Landro

31 may 2024 . Actualizado a las 17:06 h.

Ó redor de 530 alumnos de Infantil e Primaria de centros educativos de Viveiro (CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEP Lois Tobío, CEIP Plurilingüe de Covas, CPR Landro e Escola de Educación Infantil San Roque) participaron este venres nun encontro na Praza Maior para celebrar os Maios, unha tradición de fonda raigame no municipio. Houbo un desfile que foi seguido por numerosas persoas, ademais dunha merenda para os rapaces. «Dende o Concello estamos moi agradecidos pola colaboración de todos os centros de ensino, incluíndo a do Colexio de Celeiro, que non pode acudir este ano por ter outras actividades programadas para ese día, pero que son asiduos ás actividades do Concello e da Concellería de Educación», sinala o concelleiro Jesús Fernández Fernández.