O Teatro das Cortes, no Vicedo, ofrecerá o sábado 28 música e teatro con Xosé Constenla, Gayo e Santiago Teatreiras en paro, e Cé Orquestra Pantasma

Lucía Rey
Lucía Rey O VICEDO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, Cé Orquestra Pantasma, que o sábado 28 actuará na parroquia vicedense de Cabanas</span>
En imaxe de arquivo, Cé Orquestra Pantasma, que o sábado 28 actuará na parroquia vicedense de Cabanas ALBERTO LÓPEZ

A asociación Volta e Dálle organiza unha nova cita cultura con entrada de balde

22 sep 2024 . Actualizado a las 13:34 h.

O Teatro das Cortes, no Vicedo, ofrecerá o sábado 28 de setembro unha tarde de música e teatro. A asociación Volta e Dálle impulsa unha cita que arrincará ás 18.00 horas co concerto titulado «Para nunca esquecer», co cantautor compostelán Xosé Constenla. Ás 19.30 horas, Gayo e Santiago Teatreiras en Paro brindarán unha lectura dramatizada de textos de Clara Gayo e Carlos Santiago. Unha hora despois, ás 20.30 horas, Cé Orquestra Pantasma dará un concerto. A entrada será de balde.

<span lang= gl >O cantautor Xosé Constenla actuará no Teatro das Cortes</span>
O cantautor Xosé Constenla actuará no Teatro das Cortes PACO RODRÍGUEZ

Apoia a iniciativa de difusión cultural no lugar de Xestoso, na parroquia de Cabanas, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a área de Cultura, e conta coa colaboración de RTA (Servizo Integral Artes Escénicas) e Bodeguilla de San Lázaro.