Maderas Villapol, líder mundial en laminado de eucalipto para ventanas, en lo que nadie creía

José Francisco Alonso Quelle
josé alonso RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

La empresa de Trabada fue pionera en buscar un valor añadido al globulus que se cultiva en Galicia, centrándose en el mercado de exportación

18 nov 2024 . Actualizado a las 17:30 h.

Maderas Villapol, de Trabada, es una empresa familiar con más de 60 años de vida. Óscar Villapol, consejero delegado y director técnico de la firma, participó ayer en el jornada Conecta Lugo de Internacionalización celebrada en Ribadeo. En el evento repasó sucintamente la historia de Maderas Villapol y su actividad, centrada en la corta de madera en pie, su explotación y comercialización y, singularmente, en la búsqueda de un mayor valor añadido con una fábrica de laminados, de la que Maderas Villapol es un referente mundial por el uso del eucalipto glóbulus gallego (el pata negra del eucalipto) para fabricar ventanas. El destino de su producción es en un 95 % el mercado internacional.

Óscar Villapol, consejero delegado y director técnico de Maderas Villapol
Óscar Villapol, consejero delegado y director técnico de Maderas Villapol PEPA LOSADA

«Cando empezamos, ninguén pensaba que o eucalipto podía valer para iso. Vimos este nicho de mercado, fixemos un estudo de potenciais clientes e despois de 25 anos estamos plenamente introducidos e na conquista de mercados», manifestó.

«Cando empezamos ninguén pensaba que o eucalipto podía valer para iso, solo valía para pasta de papel. Agora se considera un produto de calidade»

«Formo parte dunha empresa familiar. A nosa actividade está enfocada nunha porcentaxe altísima á exportación. Unha é a sección forestal, coa corta de madeira, explotación e venda a través de portos, case sempre galegos, con envíos de tronco de pino e eucalipto para distintos mercados. Case todos son operadores internacionais, mercados como Francia, Bélxica, agora mesmo Irlanda, ultimamente Islandia e norte de África, Marrocos. As operacións consisten en coller o tronco de pino ou de eucalipto e metelo a granel en grandes buques. É a explotación máis clásica do produto, dun xeito rápido e con pouco valor engadido. E temos tamén a segunda actividade, unha fábrica de madeira laminada na que traballamos con eucalipto glóbulus de Galicia. Creo que seguimos sendo os únicos fabricantes do mundo que facemos madeira laminada con este eucalipto. Imos facer 25 anos con elo e o ano pasado o 95 % das vendas foron para o mercado exterior, case todo europeo. E este ano, sobre todo para Francia, Alemaña, Italia, case sempre países europeos», explicó.

«En Galicia hai un sector forestal moi forte, que move máis do 50 % da madeira de España, pero non se transforma nin se lle dá valor engadido»

Los clientes principales de esta madera que se trabaja en Trabada son fabricantes de ventanas. Maderas Villapol es un ejemplo de empresa mariñana que vende al exterior. Óscar Villapol, a tenor de su experiencia, apunta tres claves para lograr el éxito: organización, método y constancia. «Hai que ser realistas: vender fóra é unha maratón, unha carreira de fondo. Non podemos pensar que por facer unha venda puntual xa se está exportando. Iso non é exportar nin estar internacionalizado. Hai que dedicar tempo, traballo e diñeiro. É moi importante unha planificación financeira, porque hai trampas, golpes e dificultades. A partir de aí, axudas da Administración? Pois si. Sobre todo ao principio: para asistencia a feiras, tanto para expoñer como para que nos visiten, creación de catálogo, visitas comerciais...».

Una apuesta de éxito que al principio casi nadie en el sector veía viable

La internacionalización de Maderas Villapol es un éxito fruto de una planificación previa: «Este é un camiño de ida, está claro, e imos seguir», dijo Óscar Villapol. Y añadió: «Apostamos polo laminado porque en Galicia hai un sector forestal moi potente, que move máis do 50 % de toda a madeira de España, pero non se transforma, non se lle dá valor engadido. Cando montamos a fábrica estivemos dándolle voltas a como podiamos sacar un produto polo menos de segunda transformación e ocorréusenos fabricar laminado, despois de facer estudos en países europeos, sobre todo en Alemaña, e de ver que podía haber un nicho para os fabricantes de ventás. Xa desde o principio enfocamos a fábrica cara a exportación, porque aquí no mercado nacional ese produto non existía e a ventá de madeira desgraciadamente séguese poñendo pouco».

«Unha vez que tivemos iso claro buscamos a maneira de facelo con madeira galega: pino, eucalipto ou castaño. Fabricamos laminado coas tres especies e decantámonos polo eucalipto. O pino o abandonamos porque non temos pino de calidade suficiente para a transformación e porque é difícil competir cos laminados do centro de Europa. O castaño abandonámolo tamén porque non hai moito en Galicia e había unha competencia forte de outra fábrica en Asturias. Eliximos o eucalipto. Desto case fai 25 anos e daquela a maioría da xente do sector, como pouco, chamábanos tolos: como se ocorre facer un produto de valor co eucalipto, que solo vale para facer pasta de papel? Pois conseguimos introducirnos no mercado e está considerado un produto de calidade».