Recollen máis de 10.000 quilos de lixo mariño ao ano nun proxecto no que tamén están Celeiro e Burela
A MARIÑA
Participa e colabora tamén Portos de Galicia
01 ene 2025 . Actualizado a las 14:33 h.A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, constatou a recollida de máis de 10.000 quilos de lixo dos fondos mariños do litoral galego no pasado ano 2023, no marco dos proxectos Upcycling the Oceans e Mares Circulares. Así pois, ambas iniciativas, centradas na recollida non intencionada de lixo durante as tarefas extractivas dos profesionais do mar, fundamentalmente da pesca, permitiron extraer 10.700 quilos de residuos, cun volume total de 108 metros cúbicos por parte da flota que opera nunha decea de portos de titularidade autonómica.
O proxecto Upcycling the Oceans comezou a desenvolverse no ano 2015, e involucra a profesionais do sector pesqueiro tanto en España coma noutros países en Europa, Asia e África. No correspondente a Galicia, participaron neste proxecto as frotas de Sanxenxo, Combarro, Corme, Celeiro e Burela, coordinadas polas confrarías de pescadores correspondentes.