O Museo do Mar de San Cibrao acolle este venres unha charla e inaugura a exposición «Cousas Nosas»
SAN CIBRAO / LA VOZ
A MARIÑA

A mostra documenta o uso da lingua galega na epigrafía funeraria
06 mar 2025 . Actualizado a las 14:20 h.O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá hoxe a charla «Palabra e memoria: a lingua máis alá da morte», a cargo do profesor Bernardo Penabade. Será ás 17 horas e, a continuación, terá lugar unha visita ao cemiterio de Lieiro. Á mesma hora será inaugurada a exposición «Palabra e Memoria», que amosa a recuperación do galego nas lápidas, un proxecto do IES Perdouro dentro do Modelo Burela de Planificación Lingüística, con instantáneas da fotógrafa de La Voz de Galicia Pepa Losada.
A mostra documenta o uso da lingua galega na epigrafía funeraria e enfatiza a súa recuperación nun ámbito do que desaparecera por completo durante séculos. Organiza a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación e a Rede Museística.