
Este venres á noite celebrouse o desfile de Barreiros
08 mar 2025 . Actualizado a las 11:33 h.Barreiros acolleu este venres á noite o seu desfile de Entroido, moi participativo e que foi seguido con interese polos veciños. Hai que lembrar que o domingo anterior celebraron o baile infantil de disfraces. Esta festividade continúa na Mariña, hoxe -sábado- é o turno de Mondoñedo; pola tarde sairá o desfile polas rúas da cidade episcopal. O de Mondoñedo, se o tempo acompaña, é tamén moi seguido ao coincidir en sábado. E en Ribadeo queiman hoxe o Entroido. Tamén haberá hoxe pola noite desfile en San Román de Vilaestrofe, en Cervo.
O domingo terá lugar o desfile de Lourenzá, que goza de merecida sona; adoitaba ser o último e participan comparsas e carrozas de toda A Mariña e é un dos grandes desfiles da comarca, pero xa non é o último; o último será o de Trabada a vindeira fin de semana, xa case ás portas da Semana Santa. A Mariña prolonga e vive así unha das festas máis populares da comarca: o Entroido. (Na imaxe, o desfile deste venres á noite en Barreiros).