Os Negativos e Galdo Maxín ofrecerán un curso básico de fotografía en Galdo os días 22 e 29 de marzo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, fotografía dunha exposición de Os Negativos</span>
En imaxe de arquivo, fotografía dunha exposición de Os Negativos CEDIDA

Terá lugar no antigo colexio, fronte ó Pazo da Trave, de 16.00 a 20.00 horas

10 mar 2025 . Actualizado a las 18:54 h.

A asociación fotográfica Os Negativos, de Viveiro, e o colectivo sociocultural Galdo Maxín, ofrecerán un curso básico de fotografía e composicion en Galdo os días 22 e 29 de marzo. A actividade, que será gratuíta, desenvolverase de 16.00 a 20.00 horas no antigo colexio das monxas, fronte ó Pazo da Traves. Inscriben nos números de teléfono: 649 037 300 (Juan Ocaña) ou 647 568 383 (Paco).