Emilio Xosé Insua presentará libro este venres no programa Adral previo á Semana Santa de Viveiro
VIVEIRO / LA VOZ
A MARIÑA

Charlará ás 20.30 horas na sala multiusos do Concello sobre «Vicente Sergio López (1848-1881). Unha promesa truncada das letras viveirenses»
21 mar 2025 . Actualizado a las 21:55 h.O programa de difusión cultural Adral previo á Semana Santa de Viveiro, e que organiza a Xunta de Cofradías, continúa este venres, 21 de marzo, coa presentación do libro Vicente Sergio López (1848-1881). Unha promesa truncada das letras viveirenses. A cita terá lugar no salón multiusos do Concello a partir das 20.30 horas e será impartida polo autor da publicación, Emilio Xosé Insua, pregoeiro da Semana Santa de Viveiro no ano 2023.