
Ante la marcha de este domingo en Viveiro, el Sergas explica que la Xunta reserva 5 millones esta año para continuar la ampliación del hospital a la que destinará 30 millones; también se han ofertado 30 plazas de especialistas
22 mar 2025 . Actualizado a las 12:05 h.Ante la marcha convocada este domingo en Viveiro en favor de una sanidad pública, desde el Sergas explican lo siguiente:
«1. Os Orzamentos da Xunta de 2025 reservan máis de 5 millóns de euros para a continuación das obras das seguintes fases do Plan Director do Hospital da Mariña; dótase de crédito para o equipamento do hospital, (especificamente preto de medio millón de euros para a adquisición de ecógrafos); ademais de compromisos plurianuais por importe total de 25,2 millóns de euros para as sucesivas fases do Plan Director, que implica un novo investimento total de 30 millóns de euros».
«2. O Goberno galego está a avanzar para desenvolver integramente a seguinte fase II do Plan Director do hospital, unha actuación de relevancia que contará cun investimento total de 30 millóns de euros e suporá a ampliación de áreas de vital importancia como o hospital de día polivalente, as urxencias e PAC, UCI, a área de radioloxía, anatomía patolóxica, laboratorio e cirurxía maior ambulatoria».
«3. O compromiso da Xunta de Galicia co Hospital Público da Mariña, logo de preto de dez anos de melloras continuas que xa supuxeron un investimento de máis de 20 millóns de euros, é inneglable, froito da convicción absoluta da importancia deste centro para achegar unha asistencia cercana e de calidade ao conxunto da cidadanía».
«4. As melloras levadas a cabo no Hospital Público da Mariña marcaron “un antes e un despois” neste centro hospitalario, destacando a dotación dun novo hospital de día oncohematolóxico; a construción dun novo edificio de hospitalización e consultas externas, ampliando a superficie do centro en 6.000 m2 e modernizando áreas como diálise, radiodiagnósticos e administración; ou a ambiciosa actuación en materia de eficiencia enerxética levada a cabo cun investimento de case 2 millóns de euros e a renovación e ampliación do equipamento tecnolóxico, cunha nova resonancia magnética fixa e un novo TAC, aos que se destinou 2,2 millóns de euros».
«5. Ademais no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, dentro da Fase 1 está prevista a construción dun novo centro de saúde no concello de Ribadeo, para o que xa está asinado un protocolo de colaboración entre Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia; e na fase 2 contémplase a reforma e ampliación do centro de saúde de Foz».
«6. Este ano creánse 37 novas prazas de persoal de distintas categorías no Hospital Público da Mariña. Hai que dicir, ademais, que o cadro de persoal do Hospital da Mariña está completo. Non se amortizou ningunha praza das existentes. Todo o contrario: están a aumentar. Como exemplo: nos orzamentos da área sanitaria de Lugo para este ano 2025 créanse 37 prazas máis de distintas categorías no Hospital da Mariña. Isto demostra, que non só non se está a desmantelar nada, senón que se está a incrementar persoal, recursos e servizos, tanto no hospital como nos centros de Atención Primaria».
«7. A xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos xa está tomando todas as medidas ao seu alcance para mitigar a situación de déficit de facultativos que hai neste momento. Esta falta de especialistas non só afecta á Mariña, senón a toda España e, en maior medida, aos hospitais máis pequenos. Determinados colectivos, centrais sindicais e partidos políticos obvian intencionada e reiteradamente que o problema de falta de médicos que neste momento afecta a toda a sanidade española (non só á da Mariña), é responsabilidade directa do Goberno de España e non das comunidades autónomas, que son as que soportan esta situación, tratando de afrontala con todos os medios de que dispoñen».
«8. Non se está producindo ningún tipo de desmantelamento, nin da Atención Primaria nin de ningún outro recurso asistencial, nin na Mariña, nin no resto da área sanitaria. De todas xubilacións ou vacantes que hai neste momento, non se amortizou ningunha praza de Atención Primaria na Mariña. É obvio que hai algunha praza que non está cuberta (malia todos os esforzos que se están a facer). Pero, insistimos, isto é debido exclusivamente a falta absoluta de facultativos, non a deixamento. Pola contra, estase facendo un enorme esforzo por cubrir absolutamente todas as vacantes con persoal estable».
«9. Nos últimos anos incrementamos en varias as prazas de facultativos de Atención Primaria (e outro persoal), algunha delas xa cuberta, e outras en proceso para a súa cobertura. Recalcamos: se aínda non se logrou cubrilas é porque non hai médicos, non por falta de empeño. En canto aos PACs: as prazas dos Puntos de Atención Continuada son as mesmas que había, ninguna delas foi amortizada».
«10. No que atinxe ao Hospital da Mariña lembrar que a área sanitaria ofertou prazas de facultativos especialistas para o Hospital Público da Mariña dentro do concurso de méritos para dotar de profesionais estables as prazas consideradas de difícil cobertura. Nestes momentos, dito proceso está en fase final de resolución, ao igual cá OPE (Oferta Pública de Emprego) que tamén contempla prazas de facultativos para o Hospital Público da Mariña. En total, ofertáronse arredor dunha trintena de prazas de médicos de todas as especialidades, que agardamos sexan cubertas mediante a OPE e o concurso de méritos».