O grupo de Cámara do Conservatorio de Viveiro ofrecerá o 3 de abril un concerto con música de Schubert, Mozart ou Serrat

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >Grupo de Cámara del Conservatorio de Viveiro</span>
Grupo de Cámara del Conservatorio de Viveiro CEDIDA

Será no marco do programa Adral e terá lugar na igrexa das Concepcionistas a partir das 20.30 horas

27 mar 2025 . Actualizado a las 16:28 h.

O grupo de Cámara do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ofrecerá o próximo 3 de abril, que é xoves, un concerto con música de Schubert (Ave María), Tchaikovsky (Danzas do Quebranoces), Mozart (Confutatis e Kyrie da misa de réquiem), Serrat (La saeta) e José Velez (Jerusalem). Dará comezo ás 20.30 horas na igrexa das Concepcionistas e enmarcarase no programa de difusión cultural Adral que organiza a Xunta de Cofradías de Semana Santa durante a Coresma. 

As Danzas do quebranoces compaxinaranse coa lectura dun conto escrito para a ocasión por Bruno Pedre. 

O grupo de cámara está formado por algúns dos mellores alumnos do conservatorio, así como por profesores do centro. A súa plantilla intégrana: tres frautas, dous clarinetes, clarinete baixo, saxofón alto, saxofón tenor, trompeta, bombardino, trombón, guitarra, baixo eléctrico e percusión. Segundo destacan desde o centro de ensinanzas musicais, non se trata dunha agrupación estándar, senón que «todos os arranxos son feitos de xeito singular para ela, arranxos que se fan no propio conservatorio».

A función principal do grupo é a de axudar a formar ó alumnado e, sobre todo, a gozar coa música. «Musica, ciencia e arte: ciencia porque ten leis e regras que a ordenan e arte porque por medio dos seus sons pódense expresar os máis profundos sentimentos. Esperamos e desexamos que os asistentes ó concerto podan disfrutar como o facemos nós», convidan desde o Conservatorio.