Foliada Nordestía este sábado en San Cibrao, con cantos de taberna, comida popular e concertos de Tumba e Dalle, Xisco Feijóo e A Requinta da Laxeira

La Voz

A MARIÑA

BASILIO BELLO

A comida popular será ás 15 horas e os concertos a partir das 21.30 horas

12 abr 2025 . Actualizado a las 11:48 h.

Este sábado San Cibrao celebra a Foliada Nordestía cun programa ben completo de actividades durante toda esta xornada, comenzando polos cantos de taberna a partir das 12 do mediodía. A partir das 15 horas está organizada unha comida popular baixo carpa, onde tamén se vai desenvolver un taller de instrumentos a cargo de Xaneco de 17 a 19 horas. 

Finalmente o prato forte do día, desta Foliada Nordestía, serán os concertos que empezarán ás 21.30 horas e nos que actuarán coñecidos grupos e cantantes folk como Tumba e Dalle ou Xisco Feijóo. Tamén actuarán os membros de A Requinta da Laxeira.