Lucus Ensemble percorre a vida e obra de Castelao nun concerto en Barreiros
A MARIÑA

A actuación terá lugar o sábado 26 no centro sociocultural de San Cosme
22 abr 2025 . Actualizado a las 15:08 h.O sábado 26 de abril terá lugar en Barreiros o concerto «Percorrendo Castelao», a cargo do grupo de cámara Lucus Ensemble. Será ás 19.00 horas e con entrada libre ata completar aforo.
«Trátase dun espectáculo musical no que a música e a memoria camiñan da man para facer un percorrido pola vida e obra de Castelao, figura clave da historia galega. A formación lucense interpretará distintas pezas musicais que irán acompañadas de proxeccións audiovisuais con imaxes relacionadas evocando os primeiros traballos de Castelao e algúns dos fitos máis importantes da súa biografía, tanto no eido creativo como no político», recordan desde o Concello de Barreiros, lembrando que o grupo de cámara xa actuara nese municipio no 2022.
O concelleiro de dinamización, Dani García, sinala «a importancia de poder contar en Barreiros con actuacións deste calibre que achegan a cultura e a historia á veciñanza dun xeito tan profesional e visualmente atractivo». A proposta chega da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.