
Fai unha semana compartíamos as listas de agarda nas consultas de Medicina Interna e Cardioloxía no Hospital da Mariña. Foron moitas as réplicas de pacientes que dicen levar máis agardando por unha consulta, polo momento réplicas de pacientes, máis ningunha dos responsables destas demoras.
Sabemos que os datos aos que facemos referencia son medias, haberá casos con maior ou menor tempo de espera, mais facemos referencia as listas oficiais publicadas polo Sergas e, polo tanto, só temos datos "oficiais" para as primeiras valoracións en consultas e nada se menciona das demoras nos seguementos. Sendo conscientes das demoras que hai, e xa que ao sistema parece non importarlle, invitamos aos usuarios a que compartan as súas experiencias.
Facíamos mención hai unha semana a Cardioloxía e Medicina Interna, servizos troncais con vacantes sen cubrir nos últimos tempos, que afectan de maneira directa a centos de pacientes e indirecta aos demais servizos do centro. Mostra disto son especialidades da área médica que por falta de facultativos en Medicina Interna asumen pacientes hospitalizados con patoloxías relacionadas a súa especialidade, vendo mermada a súa actividade programada. É por isto que as demoras nas citas ambulatorias son inasumibles e claramente inxustas para os pacientes do noso centro, e incluso servizos con plantillas teoricamente ao completo como Pneumoloxía o Neuroloxía se ven sobrepasados.
Segundo datos do propio Sergas, a agarda media en Galicia por unha primeira consulta de Pneumoloxía é de 35 días, moi semellante a de centros da provincia como o HULA (39.2 días) ou Monforte (25.2 días), mais moi distante da do Hospital da Mariña (73.1 días). Mostra de iso é que fan referencia a 79 pacientes en espera por unha consulta por > 3 meses, dos cales 77 son da Mariña.
Algo similar ocorre en Neuroloxía, onde a espera media en Galicia para unha primeira consulta é de 83.5 días, o dobre do mencionado para o HULA (38.9 días) ou Monforte (40 días), mais a metade da do noso centro (150.9 días).
É por iso que non só é importante cubrir as vacantes, senón adecuar as plantillas aos tempos actuais, xa que as necesidades non son as mesmas que hai 10 anos.
Recordamos aos responsables destas demoras que son moitas as oportunidades perdidas e as veces que chegamos tarde, que non só importa a cobertura das urxencias e pacientes hospitalizados, senón o manexo ambulatorio das patoloxías crónicas, para poñer os tratamentos a tempo, evitar descompensacións e mellorar o pronóstico vital dos pacientes.