Germán Castro e María José Leira Albariño amosan a biografía de Ánxeles Alvariño en Viveiro
VIVEIRO / LA VOZ
A MARIÑA

Presentan o libro de Germán Castro «Mi estela en los océanos» en RegalXunqueira ás 20.00
23 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O xornalista Germán Castro, que formou parte da plantilla de La Voz de Galicia entre outros medios, fundador do Club de Prensa de Ferrol tamén e puxo en marcha os Cursos Anuais de Pensamento Carlos Gurméndez, escritor, conferenciante e prologista, con premios como o Diego Bernal, estará acompañado de María José Leira Albariño, sobriña de Ánxeles Albariño, nun acto que terá lugar este venres 23 en RegalXunqueira (Viveiro), en torno á biografía da «Dama do Mar». A presentación do libro «Mi estela en los océanos» será ás 20.00 horas. Tamén estará presente Julia Díaz, presidenta do Club de Prensa de Ferrol.