Un día enteiro en Foz para festexar o San Xoán nas Corporacións

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Cedida

A asociación Pé do Molete, en colaboración co Concello, organiza a tradicional festa o luns 23 de xuño

11 jun 2025 . Actualizado a las 12:18 h.

A celebración do San Xoán en Foz será o luns 23 de xuño. A asociación Pé do Molete, coa colaboración do Concello, organiza esta festa no barrio das Corporacións ao longo de toda a xornada.

O pregón darao Juan Prendes Menéndez, Juanry, ás 13.30 horas. A continuación haberá paella e, á noite, churrasco, chourizos e queimada coa tradicional fogueira. A xornada estará amenizada pola batukada Kombarullo, O Feitizo, Dj da casa e Festicultores.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, agradeceu a disposición da asociación para seguir organizando esta festa e o alcalde, Francisco Cajoto, manifestou que «a de San Xoan é unha noite máxica que dá inicio ao verán, que en Foz significa tamén encontro e que agardamos que a época estival deste ano permaneza no noso recordo».