
Pasaron xa 100 días dende que o Partido Popular asumiu o goberno en Viveiro.
Non é moito tempo, é certo, pero sí o suficiente para facer unha reflexión responsable e serena sobre a súa xestión e sobre o rumbo que, polo de agora, está a tomar o noso Concello.
Nestes tres meses non se fixo público ningún compromiso concreto por parte da Alcaldesa nin do seu equipo. É especialmente chamativo tendo en conta que a moción de censura foi xustificada cun suposto acordo de 6 millóns de euros para Viveiro. A día de hoxe nada se sabe deses fondos. (Soamente o anuncio do suposto paseo á beira da ría que se vai facer no muelle.) Nin unha soa palabra sobre a súa concreción, nin un proxecto anunciado, nin unha explicación para a veciñanza.
Mentres tanto, o único que están a facer é executar proxectos que deixamos preparados dende o anterior goberno socialista. E iso paréceme importante dicilo con claridade.
Durante o ano e medio que a Alcaldesa estivo na oposición sufrimos o despretixio e críticas constantes pola súa parte e polo Partido Popular. Chegaron a acusarnos de non facer nada, de ser un goberno paralizado. Hoxe vemos que lonxe de estar paralizados, traballamos e deixamos moitas cousas encamiñadas.
Proba diso é que agora mesmo seguen adiante actividadesque iniciamos os socialistas. O Mercado Renacentista, a presencia de Viveiro na Feira internacional da Semana Verde de Silleda, o Campamento de Verán gratuito para nenos e nenas para garantizar a conciliación laboral das familias. As obras que se están a facer nas piscina, a instalación da deshumefectadora, para abrir o vaso pequeno, e o proceso de licitación de máquinas para renovar o ximnasio tamén da piscina Municipal, esto gracias a un convenio que firmei coa Deputación de Lugo. Fai uns días a Alcaldesa acudiu a Xixón a firmar o protocolo de Colaboración da Rede de Municipios do Camiño de Santiago a Vela, polo que Viveiro recibe a Expedición da travesía Intenacional ”Navega o Camiño”, unha inciativa tamén do Goberno socialista para promocionar e darlle visibilidad ao Camiño do Mar dende hai 10 anos.
E obras que están a rematar, Rúa do porto de Celeiro, Beirarrúas de Magazos... e as obras que están previstas do plan Deputación 2025.
Tamén as dificultades coas que agora se atopan -cadrar os orzamentos, manter as subvencións ás asociacións culturais e deportivas- son as mesmas que nós sufrimos e sin o apoio da Xunta de Galicia. A pesar diso buscábamos alternativas.
Como as últimas subvencións aos clubes e asociacións culturais que se deron gracias a un convenio extraordinario coa Deputación de Lugo.
Non quero que este escrito quede nun reproche, senón unha chamada á honestidade. Gobernar un Concello require humildade, coherencia e tamén continuidade cando as cousas se fan ben. Oxalá se presenten novos proxectos para Viveiro, porque iso é bo para os veciños/as. Pero mentres tanto, creo que é xusto que a cidadanía saiba que, se algo se está facendo en estos últimos meses e gracias ao traballo e ao esforzo do anterior equipo de goberno.
Seguirei traballando dende a responabilidade e o compromiso. Sempre co mellor para Viveiro como prioridade.
* María Loureiro, portavoz do PSOE no Concello de Viveiro.