El festival Ether de música tecno será el día 19 en el parque de Covas, en Viveiro, con dj´s nacionales e internacionales

La Voz

A MARIÑA

CEDIDA

La cita viveirense está plenamente consolidada y han elegido el lugar idóneo, en un espacio verde frente a la playa

03 jul 2025 . Actualizado a las 13:43 h.

El festival Ether 2025 de música tecno se celebrará el sábado 19 de julio en el parque Pernas Peón, en Viveiro, frente a la playa de Covas, en un espacio verde en el área urbana viveirense. «Esta localización, ademais de ser moi accesible, é ideal para ofrecer a mellor experiencia posible aos nosos asistentes, que poderán desfrutar da música electrónica na natureza», avanzan los organizadores. El festival contará con dj´s nacionales e internacionales.

«A oferta cultural do Ether 2025 -explican desde la organización- iniciarase ás 17:00, con artistas nacionais e internacionais de techno. O palco contará cos DJ sets de Deetron Presents Soulmate (Suíza), DJ e produtor de techno recoñecido internacionalmente con 30 anos de carreira. Ao longo da súa traxectoria, publicou en selos importantes como Intec, Music Man e a súa propia discográfica, Character. As súas producións evoluíron dende temas máis percusivos e duros até composicións máis melódicas e cheas de soul, a miúdo incorporando voces. Dará no ETHER unha masterclass de techno-funk tribal a tres pratos en vinilo. DJ Swisherman, un DJ e produtor de techno galego coñecido por ser unha das novas figuras destacadas do hardgroove a nivel nacional. Gañou relevancia grazas aos seus lanzamentos en selos como Suara, Kaos, e un notable remix de "Hotel Pool" xunto a Boys Noize».

Añaden más participantes: «Luxi Villar é unha DJ e produtora de techno asentada en Madrid. Co seu son potente, que transita entre o groove e os ritmos rave, actuou en clubes de referencia como Fabrik, Hilbiza, El Row Town ou Time Warp Spain. Fundadora do selo On Going Music, destaca como unha das artistas emerxentes da escena electrónica europea. Pergo é un DJ e produtor galego moi influído polo techno e o hardgroove dos 90 e comezos dos 2000. Os seus DJ sets difiren do resto debido á enorme variedade de música que combina desde o inicio até o fin: voces, melodias e percusións con momentos máis trance, ritmos funk ou mesmo influencias de Detroit e Chicago. Elba é unha artista galega cunha fascinante fusión de talento clásico e sensibilidade electrónica. Aínda que a súa formación vén do Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela, onde se graduou en canto lírico e violín, a súa proposta actual mergúllase no synth-pop contemporáneo, cunha clara inclinación cara aos sons electrónicos e as texturas ochenteiras. Elba non é a típica DJ de techno, pero a súa visión artística resoa fortemente coa electrónica. As súas composicións están imbuidas de sintetizadores envolventes, atmosferas etéreas e un uso característico da reverberación nas súas poderosas voces, creando un universo sonoro que conecta coa estética da música electrónica máis melódica e evocadora. Isma B é un DJ galego cunha forte presenza na escena electrónica da Coruña, recoñecido principalmente por ser o DJ residente das exitosas Wake Up Parties. A súa traxectoria está intimamente ligada a esta serie de eventos que se converteron nun referente para os amantes do techno na cidade. Isma B ten a capacidade de ler a sala e adaptar a súa selección musical, ofrecendo dende ritmos contundentes e escuros até pasaxes máis melódicas e emotivas, sempre con esa elegancia que o distingue. Por último, tamén salientamos a presenza de talento autonómico con Irene Castro, Karras Martinez e Muiños».

La venta de entradas online a precio reducido ya está disponible en Entradium.