Xornadas de portas abertas no Teatro das Cortes, no Vicedo, do 26 ó 29 con visitas ás exposicións sobre Castelao e «Bosque de valores»

La Voz O VICEDIO / LA VOZ

A MARIÑA

<span lang= gl >O público encheu o Teatro das Cortes durante a xornada dedicada a Castelao</span>
O público encheu o Teatro das Cortes durante a xornada dedicada a Castelao CEDIDA

Pódense concertar visitas guiadas no correo voltaedalle@gmail.com 

24 sep 2025 . Actualizado a las 10:16 h.

O Teatro das Cortes, situado no lugar de Xestoso, en Cabanas, O Vicedo, organiza do 26 ó 29 de setembro unhas xornadas de portas abertas. Terán lugar de 17.00 a 20.00 horas, e nelas poderanse visitar as exposicións «Castelao, Sempre en Galiza 1944-2025» e «Bosque de valores» do Espazo da identidade cultural galega. Os interesados en asistir poden concertar unha visita enviando un correo a voltaedalle@gmail.com ou unha mensaxe de wasap ó 686 483 884. Organizan Volta e Dalle e Galicia Latente, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración de Modelo Burela.