Caxigueiro fai marabillas

A MARIÑA

PEPA LOSADA

01 nov 2025 . Actualizado a las 14:28 h.

Caxigueiro, recoñecido artista-escultor mariñán, está a expoñer as súas últimas creacións na galería La Catedral, en Lugo. Espléndidas, cheas de contido e simbolismo coma todas as súas obras.

En realidade para min Caxigueiro é, sobre todo, poeta. Poeta visual, fantástico e certeiro. As creacións que nos ofrece através das súas mans e da súa mirada son iso, pura poesía. Non evita a crítica nin a actualidade nos seus libros atravesados por balas, por exemplo, ou mellor dito, balas incrustadas nos libros. 

Fai fácil o máis difícil: transformar a mensaxe en poesía. Dánolo feito. Nós só temos que mirar e o que vemos acaba por estalar en sensacións. 

É poeta, ten a mirada como se fose un obxectivo co filtro da poesía e dalle mil formas e xeito despois coas súas creacións.