O pintor pontenovés Luis Miranda sorprende na súa primeira exposición con cadros que parecen reais

Lucía Rey
lucía rey A PONTENOVA / LA VOZ

A PONTENOVA

<span lang= gl >«A dor de África», pintura coa que Miranda invita ó espectador a reflexionar sobre as diferenzas entre os habitantes do mundo «favorecido» e do «desfavorecido»</span>
«A dor de África», pintura coa que Miranda invita ó espectador a reflexionar sobre as diferenzas entre os habitantes do mundo «favorecido» e do «desfavorecido» CEDIDA

Aparellador xubilado e artista afeccionado, expón «A arte oculta» no Vello Cárcere de Lugo

14 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai ó redor de vinte anos que Luis Miranda Redondas (A Pontenova, 1952) estaba a tope de traballo como aparellador cando a súa muller, Elsa, o animou a inscribirse nunhas clases de pintura que daba o pintor mariñán Ángel Carregal, de quen destaca a súa «infinita paciencia e o seu bo facer». Nun primeiro momento, Luis pensou que a sobrecarga laboral que enfrontaba non lle ía permitir acudir ás sesións para aproveitalas como lle gustaría, pero no seu espírito axiña gañaron a partida o neno que sempre gozou argallando cun lapis e un papel, ou o adulto que se entretiña debuxando e se entusiasmaba en canto tiña oportunidade de ver unha exposición ou admirar unha obra de arte. «Empecei sen ningunha expectativa, pero díxenlle ó profesor que me gustaría saber como facían os clásicos para pintar o que pintaban», explica Luis Miranda, que, en plenas festas do San Froilán, acaba de inaugurar en Lugo capital a súa primeira exposición, titulada «A arte oculta». Compóñena corenta óleos e quince debuxos, e poderá visitarse ata o próximo 30 de novembro na primeira planta do centro sociocultural do Vello Cárcere (celas de homes), ó pé da estación de autobuses.

uis Miranda Redondas, na presentación da súa exposición no Vello Cárcere de Lugo
uis Miranda Redondas, na presentación da súa exposición no Vello Cárcere de Lugo INTRES FOTOGRAFÍA

Detalle dun dos cadros de Luis Miranda
Detalle dun dos cadros de Luis Miranda

«Como aparellador dominaba as formas, os volumes, as escalas..., pero ó pintar descubrín que a cor é maxia pura»
«Gústanme Antonio López, Velázquez, Modesto Trigo..., e nas obras trato de provocar unha sacudida no espectador, ó tempo que trato rodealas de beleza», Luis Miranda Redondas, pintor afeccionado da Pontenova

<span lang= gl >Miranda, no estudo da súa casa</span>
Miranda, no estudo da súa casa

<span lang= gl >A mostra que se pode visitar no Vello Cárcere de Lugo do pintor pontenovés contén quince debuxos</span>
A mostra que se pode visitar no Vello Cárcere de Lugo do pintor pontenovés contén quince debuxos

«Para min, a pintura é un medio de comunicación cun mesmo e co me rodea; o concepto é tan importante como a propia peza e a súa riqueza plástica, por iso trato de que o que fago sexa atractivo e atraínte para quen o mira», comenta un afeccionado que hoxe en día, xa xubilado como aparellador, dedica a diario entre sete de oito horas á pintura na súa casa da Pontenova. Animado pola súa muller e os seus fillos, Luis e Jorge, Miranda continúa afondando na súa paixón artística, e destaca que a pintura vai moito máis aló de coller un pincel, unha paleta e un lenzo. «Dedico moito tempo ó estudo», comenta un home que se sente fascinado pola «maxia pura» das cores. E proba diso é que parte dos seus cadros semellan fotografías. Imaxes cargadas de realidade.