«O traballo de anticuario non vale para calquera, hai moito sacrificio detrás»

j.a. A PONTENOVA / LA VOZ

A PONTENOVA

Manuel Piñeiro con su padre, César, en la Feira de Antigüiedades e Artesanía de A Pontenova
Manuel Piñeiro con su padre, César, en la Feira de Antigüiedades e Artesanía de A Pontenova cedida

Manuel Piñeiro, profesional con 25 años en el sector, buscador de reliquias y tesoros: «Amólame a mala imaxe e os prexuizos que desprestixian esta profesión; facemos un gran labor»

07 dic 2024 . Actualizado a las 13:08 h.

Manuel Piñeiro es el propietario de César Antigüedades, empresa de Rececende (A Pontenova) que heredó de su padre, César, y que en febrero cumplirá 25 años. «Son fillo de carpinteiro e foi na carpintería onde comencei a coller contacto cos anticuarios que viñan por alí. Metinme nese mundo e xa vou para case 25 anos», dice.

Su trabajo consiste en localizar piezas de interés que después comercializa entre su cartera de clientes, por Internet y acudiendo a las principales ferias del sector en Portugal, España y Francia. También hace tasaciones, valoraciones y restaura obras de arte y antigüedades. La discreción es clave en su profesión, porque recibe llamadas de gente que por diversas circunstancias le ofrecen desde piezas individuales a oro, plata, relojes, marfil, joyas... y hasta todo lo que hay dentro de casas completas. Estos días Manuel Piñeiro está en la Feira de Antigüidades e Artesanía de A Pontenova, donde expone una pequeña parte del material que posee. Es la cara más brillante de su negocio. Pero por detrás está todo el sacrificio que exige su profesión.

«Eu vivo en Rececende, nun pobo do rural de A Pontenova e o meu traballo empeza dende que subo ao coche, respondendo a chamadas que me fan para ir ver unha peza, unha casa, unha herdanza, o que sexa. Cos anos vas adquirindo experiencia e uns coñecementos que son básicos. Pero o feito de vivir no rural ten o condicionante negativo de que che esixe moito tempo nos desprazamentos. A venda online funciona moi ben, pero os envíos teño que facelos dende Meira, Ribadeo, A Veiga ou Mondoñedo. Todo iso suma. Gústame ir a unha casa, ver o que hai, vender e comprar, pero este traballo esixe andar continuamente dun lado para o outro, pasar moitos días fóra da casa, saír ás cinco de mañá para ir a Portugal e regresar pola noite. Que non se malinterprete, estou contento co negocio, gústame, pero non vale para todo o mundo. A xente ve o que hai exposto na feira e di, canto gañas con isto? Pero non ve o sacrificio que hai detrás ».

En las imágenes, algunos de los artículos que expone César Antigüedades este fin de semana en la feria de A Pontenova
En las imágenes, algunos de los artículos que expone César Antigüedades este fin de semana en la feria de A Pontenova

«Ás veces boto en falta que esta profesión non sexa máis valorada. Cando vas a unha casa o noso traballo consiste en comprar pezas, nalgún caso restauralas, poñelas no mercado e buscarlles un propietario. Fas que un obxecto que en condicións normais no tería unha segunda vida, finalmente a teña. Iso a miúdo non se ten en conta. Sen embargo, hai uns prexuízos, unha mala imaxe, de picaresca, ligada a esta profesión, que me amola moito », dice Manuel Piñeiro.

Honestidad

Y añade: «Neste negocio a inmensa maioría de profesionais, diría que un 95 %, levamos todo polo libro, cumprindo escrupulosamente coa legalidade, como non podería ser de outro xeito, porque somos os primeiros interesados en elo. O que pasa é que cando xurde algunha ilegalidade, algún trapicheo ou asunto turbio, como pode pasar en todas as profesións, salpícanos a todos. E non se pode meter a todo o mundo no mesmo saco. É moi inxusto que se vexa este negocio así. Os que levamos tempo nesto e queremos seguir temos claro que a honestidade e ser honrado é básico, o que non quita que aspiremos a gañar cartos, como calquera profesional no seu traballo, porque non vivimos do aire. Hai quen pensa que neste sector hai moita picaresca. Fai 40 ou 50 anos puido ser, pero agora é imposible. Agora o control é minucioso. Cando vou a unha casa teño que facer un inventario, un documento de venda, poñelo nun libro de policía, ir unha vez ao mes ao cuartel... Este traballo está fiscalizado como poucos».

A modo de ejemplo, apunta: «O ano pasado puxen á venda unha peza en Internet, e ao día seguinte xa tiña á policía autonómica na casa. Tiña a factura de compra, acreditada a procedencia e estaba apuntada no libro de policía. Eu pregunteilles: pensades que ía poñer á venda en Internet unha peza que non fose lícita? Xogarme o meu prestixio? Claro, dixeron que non, pero é que hai un prexuízo que nos chegou herdado e do que costa sacudirse. Hai casos de coleccionistas, de xente que trapichea e moi habitualmente se relacionan cos anticuarios, cando non é así».

Porque Manuel Piñeiro recalca el sacrificio que implica su profesión: «Este negocio funciona se lle dedicas tempo, se es consciente de que saes de casa a unha hora, pero non sabes cando vas volver. Ao mellor vas a Madrid, atopas unha peza, chamas a un posible comprador e xurde nunha feira en Oporto, polo que xa volves por Portugal. Estas cousas son o día a día dun anticuario que vive con ilusión a súa profesión. Por iso amola tanto cando se trata de desprestixiar o que fas».

Parte importante de la profesión es la de tasar y asesorar a la gente. Es habitual en casos de herencias: «Agora mesmo hai moita información accesible, en Internet, en feiras, en tendas. Nós miramos, facemos unha oferta e se chegamos a un acordo compramos. E claro que xorden sorpresas en xente que ten cousas de valor e non o sabía».

César Antigüedades, en la feria de A Pontenova y en todo momento en Internet

César Antigüedades está presente este fin de semana en la Feira de Antigüidades e Artesanía de A Pontenova, pero también dispone de una página web, wwww.comprarantiguedades.com, donde se ofrece la oportunidad tando de vender como de comprar antigüedades, así como otros servicios como son la tasación de antigüedades y obras de arte y la restauración de antigüedades. Algunas de las secciones que figuran en la web son desde el arte oriental a la cerámica de Sargadelos del siglo XIX, marfil, mobiliario, escultura y objetos de bronce, arte sacro, pintura, plata, cerámicas Castro Sargadelos, relojes, joyas... El mercado en Internet tiene un peso importante en César Antigüedades, suponiendo del orden del 15 % de su facturación anual. Hay de todo y para todo, con la premisa de la alta calidad. No faltan, por ejemplo, los cotizados relojes Rolex.