
Da man de Fran Rei, o público infantil e familiar ten unha cita o vindeiro sábado 24
20 may 2025 . Actualizado a las 12:44 h.A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado 24 de maio, ás 19.30 horas, o espectáculo infantil e familiar cheo de humor, maxia e tradición, «O conto de Barriga Verde», da man de Fran Rei.
Desde o Concello lembran que ao final da función entregaranse os premios do Concurso das Letras Galegas e haberá diplomas para todos os nenos que asistan.