
Rexeita uns feitos "sin que se contara" co organismo, di nun comunicado, para "establecer os colectivos que se debían vacinar"
28 ene 2021 . Actualizado a las 20:49 h.A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña remite un comunicado no que pon de manifesto o seu malestar pola vacinación do equipo directivo do hospital. «O malestar é polos últimos acontecementos relativos ó segundo proceso de vacinación covid-19 sin que se contara coa Xunta de Persoal para establecer os colectivos que se debían vacinar, onde foron vacinados algúns membros da dirección do Hospital Público da Mariña xunto co resto de persoal asistencial cando segundo as instrucións do Sergas non se atopaba incluído o persoal dos centros hospitalarios con cargos directivos», expresan.