Susana Seivane volta este ano a un escenario e para presentar disco, en Burela
BURELA

O concerto será este sábado ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura
14 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Susana Seivane vai ofrecer o que é un dos seus primeiros concertos dende o verán pasado, xustamente en Burela. Escolleu esta poboación da Mariña para a presentación este sábado dun disco especial porque acolle un repertorio pequena mostra do rico patrimonio musical galego, formado por temas que serviron cada noite do confinamento total o ano pasado, dando o reloxo as oito en punto, «de catalizador da resistencia» na pandemia. «Precisamente o descubrimento desta condición foi o que levou a Susana a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico», explican dende a delegación municipal de Cultura de Burela. Bautizouno así: «Dende o meu balcón».
Son 55 temas agrupados en 20 suites nos que Susana Seivane, herdeira da gran saga de gaiteiros e artesáns, empregou oito gaitas de diferentes tonalidades para interpretar, como ela sabe tan ben facer, obras de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos dos Lavadores, Os Campaneiros... O concerto será ás 20.00 este sábado 15 na Casa da Cultura de Burela.