Hugo Gorgojo Basanta, do IES Perdouro de Burela, queda cuarto na Olimpíada Galega de Informática

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

<span lang= gl >Hugo Gorgoso, cuarto na Olimpíada Galega de Informática</span>
Hugo Gorgoso, cuarto na Olimpíada Galega de Informática CEDIDA

O certame foi organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática 

16 feb 2025 . Actualizado a las 16:19 h.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (Universidade de Vigo, Universidade da Coruña e Universidade de Santiago) celebrou  a Olimpíada Informática Galega 2025 na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC. No certame participaron 18 estudantes de educación secundaria ?ESO?, bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de nove centros educativos e residentes na Coruña (1 participante), Vigo (1), Ribeira (1), Santiago de Compostela (6), Brión (2), Negreira (2), Burela (1), O Porriño (2), Redondela (1), Vedra (1). O burelense Hugo Gorgojo Basanta, do IES Perdouro de Burela, quedou cuarto, logrando un premio de 200 euros. Os gañadores foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Artai Isasi Vázquez, estudante do IES de Sar de Santiago. Os dous representarán a Galicia na Olimpíada Nacional que se celebrará na Facultade de Informática da Coruña do 4 ao 6 de abril.