«É un edificio significativo pola súa arquitectura e pola súa función cultural e educativa»
![María Cuadrado Fernández](https://img.lavdg.com/sc/dwihFuT8px_5AsBmn6CEeUCXGp4=/75x75/perfiles/120/1661529385742_thumb.jpg)
FOZ
![Jorge destaca o nivel de servizos que acolle a Casa da Cultura.](https://img.lavdg.com/sc/gXAP7k1Pb_0LOstRcNQjVfjVo8w=/480x/2015/03/12/0012_201503X12C7F7jpg/Foto/X12C7F7.jpg)
O rexedor destaca o protagonismo que tivo e que segue tendo o edificio da Casa da Cultura para centos de focenses
12 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.O alcalde Javier Jorge Castiñeira destaca o protagonismo da Casa da Cultura de Foz na vida de centos de focenses de distintas xeracións. «É un edificio municipal significativo pola súa arquitectura e pola súa función cultural e educativa. É importante na conformación dun espazo físico que é un cruce de camiños, unha especie de quilómetro 0, para partir e tamén para chegar á vila de Foz». O rexedor focense lembra a figura da familia Martínez Otero e seu protagonismo na historia local.
-Pasado case un século, o edificio segue sendo un lugar de servicios, de reunión para os focenses...
-É un edificio que acolle moitos servizos. Ademais da biblioteca municipal, na planta alta, o edificio aloxa a radio municipal que é un dos emblemas do Concello; tamén funciona a oficina de información ao consumidor, unha sala de exposicións, hai despachos e un salón de actos que, a pesares de ter un aforo reducido, é un lugar con moita actividade.
-O edificio someteuse hai anos a unha remodelación, ¿teñen previsto acometer outras melloras?
-Hai uns meses fixéronse unhas reparacións nos canalóns para tratar de quitarlle algo de humidades. Temos previsto acometer un tratamento de impermeabilización na fachada, de materiais nobres e pétreos. Tanto a fachada, como as escaleiras e outros espacios do edificio, conservan o encanto da construción orixinaria, uns detalles arquitectónicos que se conservan aínda noutros edificios singulares coma o asilo de anciáns e na parte antiga do colexio Martínez Otero. Non debo olvidar a persoas e estudosos como o cronista Suso Fernández, Antón Niñe, Xesús do Breogán, Arcadio Mon... Co seu traballo souberon manter o espíritu da Casa da Cultura, que leva o nome do poeta Manuel María e que acolle cadros e outras doazóns.
javier jorge castiñeira alcalde de foz