
Será na Libraría Bahía este xoves 13, con entrada libre
11 mar 2025 . Actualizado a las 17:12 h.A Libraría Bahía de Foz será o escenario no que este xoves, día 13, ás 20.30 horas, o xornalista Manuel F. Rodríguez presentará a súa novela «A muller do muro», publicada pola editorial Bolanda.
Ademais do autor tamén intervirá no acto Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e cronista oficial de Foz. A entrada é libre.
«A trama de 'A muller do muro' combina a cultura galega do alén coas máis recentes teorías e investigacións científicas e paracientíficas sobre determinados fenómenos inexplicables. Como o seu autor avanza, trátase dunha obra de acción á caza do máis absoluto dos misterios: o do morte e o máis alá da vida. A novela, de 312 páxinas, ten como protagonista principal a un xornalista, Xenebrando Río, que unha determinada mañá vive un feito inesperado por completo. Un feito que nin comprende nin desexa en absoluto. Pero, como avanza a contraportada do libro, Río iniciará un frenético camiño sen retorno», avanzan desde a editorial.