Amancio Prada recordará a Álvaro Cunqueiro en Ourense

La Voz

MONDOÑEDO

Amancio Prada recordará a Cunqueiro en Ourense
Amancio Prada recordará a Cunqueiro en Ourense XOAN A. SOLER

O sábado inaugurarase unha escultura dedicada ao autor de Mondoñedo 

12 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O cantautor Amancio Prada estará en Ourense o próximo sábado, 17 de setembro, para participar nun programa de actos deseñado coincidindo co 111 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Será na Insua dos Poetas a partir das dez da mañá. A xornada arrancará descubrindo unha escultura realizada por unha nova artista plástica Tatiana R. Fírvida. Trátase dunha peza de acero inoxidable de máis de once metros de ancho por pouco máis de tres de alto. Está titulada cun verso de Cunqueiro: «Ese alguén de meu que nunca volve». Será a primeira peza adicada ao escritor de Mondoñedo na provincia de Ourense, apuntan desde la Diputación, que respalda esta iniciativa na que tamén participan a Xunta, o Parlamento e os concellos de Carballiño e Mondoñedo. 

O acto incluirá tamén as intervencións dos representantes institucionais que apoian esta iniciativa. A música será cousa da Real Banda de Gaitas. En concreto, Marxo Foxo estreará a peza A alborada da Insua dos Poetas. Tamén está prevista a intervención de César Cunqueiro González-Seco, fillo do escritor. Será entón cando se proxecte un vídeo para afondar na súa figura. E finalmente, Amancio Prada ofrecerá o recital.