Reivindican en Santiago a figura de Manuela Rey, a actriz galega que foi estrela en Lisboa no século XIX

La Voz

MONDOÑEDO

c

A programación inclúe a estrea en Galicia dunha coprodución sobre a súa traxectoria

20 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Manuela Rey, a actriz galega que se converteu unha estrela en Lisboa no século XIX, será protagonista sobre os escenarios, na rúa e nas aulas universitarias da man do Centro Dramático Galego (CDG) e da USC. Ambas institucións iniciaron unha serie de actividades para dar a coñecer a figura desta muller que naceu en Mondoñedo en 1842 e finou aos 23 anos como primeira actriz do Teatro Dona María II de Lisboa.

Onte, o director do CDG, Fran Núñez, ofreceu unha charla en Ciencias da Educación. Seguirán outras conferencias, así como a elaboración de dez bustos que se exhibirán en diferentes espazos da cidade. Os días 14, 15 e 16, no Teatro Principal, estrearase en Galicia a peza sobre a autora: «Manuela Rey is in da house».