O Vicedo celebrará entre o 21 e o 23 de xuño as Festas do Carme en honor ó mar

La Voz O VICEDO / LA VOZ

O VICEDO

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, procesión das Festas do Carme do Vicedo no 2024, que presidiu o bispo, Fernando García Cadiñanos</span>
En imaxe de arquivo, procesión das Festas do Carme do Vicedo no 2024, que presidiu o bispo, Fernando García Cadiñanos PEPA LOSADA

A comisión agradece a colaboración de Concello, comercio, empresas, autónomos e «xente en xeral» que colabora co festexo

18 jun 2025 . Actualizado a las 12:50 h.

O Vicedo acollerá entre o sábado 21 e o luns 23 de xuño as Festas do Carme, en honor ó mar e ás súas xentes. A comisión, que preside Luis Casal Fernández, e da que forman parte Lolita, Santi e Ángel, agradece a colaboración do Concello, o comercio, as empresas e autónomos, e «a xente en xeral» que colaboran dunha maneira ou doutra coa organización do festexo.

O sábado 21, ás 12 horas terá lugar a misa solemne seguida da procesión que levará a imaxe da Santa ata o campo da festa. Irá acompañada pola Banda Naval de Viveiro. Ás 14.00 horas, a orquestra Galaxia ofrecerá a sesión vermú, e pola noite tocará a verbena acompañada pola orquestra Miramar.

O domingo 22, a xornada dará comezo ás 12.00 horas coa misa, seguida da procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros falecidos. Ás 14.00 horas, sesión vermú a cargo da orquestra Fuego, e pola noite, verbena con Fuego e D’Caché. O luns, a partir das 20.00 horas, terá lugar a procesión de regreso da imaxe da Santa desde o porto ata igrexa parroquial, onde se celebrará o funeral polos náufragos, mariscadoras e falecidos da parroquia.