Renuncias en el consello escolar del IES Dionisio Gamallo de Ribadeo por la gestión del conflicto con una docente
RIBADEO

Las tres representantes de las familias en el Consello Escolar remitieron un comunicado a la dirección del centro tras constatar que su participación en ese órgano «é meramente simbólica»
16 jun 2025 . Actualizado a las 11:54 h.Las tres representantes de las familias en el Consello Escolar del IES Dionisio Gamallo de Ribadeo, Sandra Saavedra Blanco, Macarena Reyes Fernández y Aurora González Ginzo, presentaron su dimisión con efecto inmediato al cargo en el referido órgano «para poñer de manifesto a nosa desconformidade coa xestión do conflito xerado pola actuación dunha docente denunciada por vinte familias».
En un documento remitido a la dirección del instituto y del consello, las representantes de las familias justifican el motivo que las llevó a renunciar: «Tomamos esta decisión tras constatar que a nosa participación neste órgano é meramente simbólica, servindo unicamente para dar unha aparencia de pluralidade e participación das familias na vida do centro, cando a realidade demostra que a nosa voz non é tida en conta. A xestión do conflito xerado pola actuación dunha docente denunciada por vinte familias así o evidenciou, tanto pola actitude da Dirección como pola resposta da Inspección Educativa».
En el mismo escrito recuerdan que entraron a formar parte del consello «coa vontade de colaborar e contribuír á mellora do funcionamento do centro, sempre coa mirada posta no benestar do alumnado, que debería ser o núcleo e prioridade de toda a comunidade educativa. Participamos sempre activa e construtivamente abrindo reflexións conxuntas sobre un dos principais obxectivos do sistema educativo: ensinar a convivir e ser persoa, desenvolvendo competencias sociais e cívicas».
«Intentamos sempre promover os principios de respecto mutuo e a mellora nas relacións de todos os membros da comunidade educativa; non obstante, o que vivimos durante este tempo é que o alumnado é, precisamente, o sector máis descoidado e silenciado. Non se debera obviar que a protección das persoas menores de idade é unha obriga dos poderes públicos e sentimos que se lles está privando do dereito de ser escoitados», explican.
Con respecto al profesorado, aseguran: «Sabemos que o profesorado ten presunción de veracidade. Amparándose nese paraugas, tanto a Inspección Educativa como o Equipo Directivo negan a maior, invalidan os relatos cun cómodo: 'non vemos feitos penalizantes' publicado en prensa. Ao noso parecer, non se están garantindo os dereitos do alumnado e das familias: o espazo-tempo do conflito carece de imparcialidade e neutralidade».
No entienden cómo es posible que se invalide el relato de 20 familias. «Sentimos que a resposta, tanto da consellería como do centro, ao malestar consiste en converter as testemuñas en sospeitosas. A esfera escolar debe ser un marco de seguridade e desenvolvemento persoal: Cómpre lembrar que a razón de ser dos centros educativos é, precisamente, o alumnado. Todo o demais —infraestruturas, profesionais, protocolos e órganos de xestión— debería estar ao seu servizo. Se o esquecemos, se antepoñemos intereses corporativos, rutinas burocráticas ou silencios cómplices ao seu benestar, estamos traizoando a finalidade última da educación pública e desvirtuando a función que cada un de nós desempeña dentro da comunidade escolar. Nós non queremos figurar como unha parte máis do mobiliario».
«Lamentamos profundamente ter chegado a este punto, pero vémonos na obriga de amosar a nosa desconformidade cun modelo de participación baleiro de contido e cunha xestión que, ao noso ver, non cumpre coa súa responsabilidade principal: cumprir a lei. A Lei Orgánica 3/2020 do 29 de Decembro salienta a importancia da educación inclusiva, da personalización da aprendizaxe, o respecto aos dereitos da infancia e a educación en valores. Por todo isto, e con todo o respecto pero tamén con toda a firmeza que esta situación require, presentamos a nosa renuncia ao cargo de representantes das familias no Consello Escolar», concluyen.