Guadi Galego explicará o proceso creativo de «Pélago», o seu novo álbum, o venres 12 no Círculo Habanero da Devesa
RIBADEO / LA VOZ
RIBADEO
A cita dará comezo ás 20.30 horas e é organizada pola asociación Tribo da Travesía
04 dic 2025 . Actualizado a las 09:48 h.O Círculo Habanero da Devesa, en Ribadeo, acollerá o venres 12 de decembro unha cita musical especial. Nela participará a artista Guadi Galego, que explicará o proceso creativo do seu novo álbum, titulado Pélago. Contos oníricos, que tamén se poderá adquirir alí. Galego estará acompañada por Ugia Pedreira, nordestina que abrirá un ramo de preguntas ó redor do álbum para coñecer algo máis sobre o espazo creativo da autora. O encontro, que será aberto ó público e dará comezo ás 20.30 horas, será organizado pola asociación Tribo da Travesía.