
Demetrio Salgueiro: «Axudamos a Aspanane para que o seu soño de ter unha residencia sexa realidade»
15 may 2023 . Actualizado a las 20:23 h.A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou este luns en actos dos candidatos populares na Mariña. Arroupou aos candidatos de Burela, Viveiro, Xove e Foz. Pola mañá visitou xunto con Manuel Rouco os centros de atención á discapacidade da Fundación ‘Eu son' e tamén a unidade de respiro familiar da Asociación de Familias de enfermos de alzhéimer e outras enfermidades (Afan).
Pola tarde, acompañou á candidata de Viveiro, Mariña Gueimunde, nunha reunión con distintas entidades e profesionais do sector dos servizos sociais; ao candidato de Xove, Demetrio Salgado, nun encontro con Aspanane; e ao de Foz, Javier Castiñeira, con representantes de distintas entidades sociais.
En Viveiro, Gueimunde manifestou que inclúe no seu programa un centro de día, máis prazas de guardería, activar a Casa da Xuventude e articular un convenio para o uso continuado do albergue de Area como espazo de esparcemento e formación.
Fabiola García reuniuse en Xove cunha representación da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspanane). O alcalde xovense e candidato do PP á alcaldía, Demetrio Salgueiro, manifestou sobre la decisión del Concello de ceder un solar a Aspanane: «Axudámoslle para que o seu soño de ter unha residencia na Mariña se faga realidade».