O teleclube de Cabanas, no Vicedo, proxectará este sábado o documental «Xove, democracia nuclear»
O VICEDO / LA VOZ
VIVEIRO

Dará comezo ás 19.00 horas, e incluirá un coloquio posterior co profesor e activista cultural PAco Lois R. Guerreiro
15 dic 2023 . Actualizado a las 16:56 h.O teleclube de Cabanas, no concello do Vicedo, proxectará este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 horas, o documental Xove, democracia nuclear. Dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga e producido por Germán Molina, o traballo recupera, con testemuñas dos propios protagonistas, historias vividas na década dos anos 70, cando no 1973 se fixo público o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio de Xove. Historias dun movemento veciñal de rexeitamento que tivo o seu momento cumio o 10 de abril de 1977 cunha gran marcha desde Viveiro ata Xove. Despois da proxección haberá un coloquio co profesor e activista cultural Paco Lois Rodríguez Guerreiro.