![En imaxe de arquivo, Os Maios na Porta da Vila, en Viveiro](https://img.lavdg.com/sc/ZuZsjskRo1z5AkSUN2P-uY29Mo4=/480x/2024/05/09/00121715274661484201135/Foto/X17Y6018.jpg)
Partirá de Campo de Urraca ás doce da mañá e percorrerá diferentes rúas do centro
12 may 2024 . Actualizado a las 11:12 h.Se a meteoroloxía acompaña, Os Maios volverán saír á rúa este domingo, 11 de maio, en Viveiro para festexar a primavera. O animado e colorido desfile partirá ás doce da mañá da zona de Campo de Urraca, o lugar de onde son boa parte dos impulsores desta festa tradicional. Rematará ás dúas da tarde. Durante esas dúas horas, os participantes percorrerán diferentes rúas do centro histórico da vila cantando e danzando, lucindo vestidos florais e adornos realizados con flores e plantas.
Animan a participar
A cita popular, que forma parte do ciclo anual de tradicións, escenifica un tributo á terra e unha exaltación de natureza. Distintos estudosos apuntan a que as súas orixes se remontan ás civilizacións prerromanas. Os impulsores animan a participar a veciños e visitantes nunha iniciativa que pretende encher de colorido e animar a cidade do Landro.