
O adestrador da SD Viveiro cadete, que foi goleador en Primeira División e diagnosticado de ELA hai máis de dous anos, tamén recibe a distinción do mérito deportivo da Xunta
26 mar 2025 . Actualizado a las 13:57 h.Francisco Javier Rey García (Viveiro, 1967) recibirá este mércores en Ourense a máxima condecoración de deporte galego tras una lendaria carreira como dianteiro en tódalas categorías do fútbol español.
Tras coñecer o éxito, especialmente nunha UD Salamanca coa que goleou en Primeira e, incluso, ao mítico Andoni Zubizarreta nun partido de Copa do Rei contra o Valencia, Kiko Rey puxo fin á súa carreira no mesmo club desde o que deu o salto ao Real Madrid, no Viveiro, hai case 20 anos. Hoxe transmite os seus coñecementos e valores ás novas xeracións como adestrador.
Aínda que dirixiu ao Xove Lago na Primeira Autonómica, decantouse por ser profesor no fútbol base. Afectado pola esclerose multilateral atrófica (ELA), continúa gozando á fronte do conxunto cadete da SD Viveiro, onde se sente querido e respectado. A Xunta tamén o recoñece hoxe.