O ilustrador Cristian F. Caruncho ofrecerá en Viveiro un obradoiro creativo infantil con Pensamento e Sementeira

Lucía Rey
Lucía Rey VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

<span lang= gl >En imaxe de arquivo, o ilustrador Cristian F. Caruncho</span>
En imaxe de arquivo, o ilustrador Cristian F. Caruncho PABLO GRANERO

A iniciativa desenvolverase o próximo venres, 30 de maio, na sala multiusos do Concello de Viveiro; hai 20 prazas

24 may 2025 . Actualizado a las 21:36 h.

O próximo venres, 30 de maio, Pensamento e Sementeira de Viveiro contará coa presenza de Cristian F. Caruncho (Couzadoiro, Ortigueira, 1997), ilustrador, entre outros, da banda deseñada «Saínza, a punkiereteira», que impartirá un obradoiro creativo dirixido a público infantil a partir de 7 anos. Caruncho ten recibido o Premio Castelao de Banda Deseñada, organizado pola Deputación da Coruña.  

A actividade será de balde, máis requirirá inscrición previa a través dun formulario que se pode descargar nas redes do colectivo. O obradoiro terá lugar na sala multiusos do Concello de Viveiro a partir das 18.00 horas, e está limitado a 20 prazas. Só hai que levar «moitas ganas de aprender, de debuxar e de pasalo ben!», conclúen desde o colectivo.