Once establecementos do CCH de Viveiro ofrecerán grandes descontos entre o venres e o domingo na Feira de Stocks

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

<span lang= gl >Feira de Stocks de Viveiro celebrada nos Xardíns Noriega Varela, en imaxe de arquivo</span>
Feira de Stocks de Viveiro celebrada nos Xardíns Noriega Varela, en imaxe de arquivo PEPA LOSADA

A cita terá lugar nos Xardíns Noriega Varela, en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00

31 jul 2025 . Actualizado a las 14:06 h.

Varias carpas situadas nos xardíns Noriega Varela de Viveiro acollerán entre hoxe, venres 1 de agosto, e o domingo, día 2, a duodécima Feira de Stocks que promove a asociación Centro Comercial Histórico. Haberá un total de 11 postos dedicados á venda de téxtil, calzado, deportes, moda de nenos, xuvenil, complementos, xoiería, bisutería, agasallos e decoración. Os comercios participantes na feira son os seguintes: Complementos Sulian, Raquel Seijido, Cocolatte, Oscar Joyeros, Oxígeno Surf, Mimimó Moda infantil, Cobelinha, Biá-Biá, Van Surf e Van Surf Sneakers.

«Unha ampla variedade de sectores poñerán á venda artigos a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas. Unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables», destacan desde o CCH.

De 11 a 14, e de 18 a 22 horas

A inauguración terá lugar este venres a partir das 11.00 horas coa asistencia de representantes do Concello de Viveiro. «O éxito das pasadas edicións, e grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia e da colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks», sinalan desde a patronal dos comerciantes que preside Andrea Porbén, e da que é xerente Isabel Méndez. O horario do certame será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.00 horas durante os tres días, co obxectivo de que potenciais clientes se podan achegar ós postos.