Viveiro entregará o día 28 o VII Premio de Novela Vilar Ponte a Pura Salceda
VIVEIRO / LA VOZ
VIVEIRO
O acto, aberto a todo o público, será na sala multiusos da casa consistorial
17 nov 2025 . Actualizado a las 12:52 h.O vindeiro día 28 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar na sala multiusos do Concello de Viveiro a cerimonia de entrega do VII Premio de Novela Vilar Ponte. Será un acto aberto a todo o público.
Nesta edición, a novela gañadora é «A dous pasos do Edén», de Pura Salceda Carballeda. Ignacio Vidal Portabales foi seleccionado como finalista polo jurado.
O grupo de corda do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro amenizará a cerimonia e, desde o Concello, invitan á cidadanía a acudir a este acto no que se pón en valor a creación literaria en galego e a figura dos irmáns Vilar Ponte.