A Vicepresidencia apoia con subvencións actividades de 60 asociacións culturais da Mariña: son estas
VIVEIRO
En toda a provincia de Lugo foron aprobadas 295 solicitudes, 36 máis que na anterior convocatoria, para un investimento de 315.000 euros
26 nov 2025 . Actualizado a las 18:02 h.O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este martes a resolución provisional das subvencións, en rexime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo para a realización de actividades, para a anualidade 2025. A Vicepresidencia da Deputación investirá 315.000 euros nestas axudas, cun total de 295 solicitudes aprobadas, 36 máis que na anterior convocatoria. Destas 295 peticións aceptadas, 60 foron de agrupacións da Mariña. Haberá dez días para alegar.
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, explicou que «a resposta á convocatoria reflicte o crecente dinamismo das asociacións, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización».
Equipamentos culturais
Por outra banda, este mesmo departamento do goberno provincial publicou tamén no BOP a resolución, neste caso definitiva, das subvencións, tamén en rexime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a investimentos en instalacións e equipamentos culturais. Recibirán axudas 46 agrupacións da Mariña.
Asociación (municipio) Actividade (euros)
1. AA. VV. San Sebastián de Carballido (Alfoz) Feira do Trece (1.396)
2. Anpa Ceip Castro de Ouro (Alfoz) Maxia, teatro e música (1.296)
3. AA. VV. Santiago de Adelán (Alfoz) Viaxe cultural (1.072)
4. A. C. Irmandade Augas Santas (Barreiros) Festival Augas Santas (1.271)
5. A. C. Irmandade Santo Estevo (Barreiros) Magosto (570)
6. P. Nenos con Discapacidade A. M. (Barreiros) Viaxe cultural (1.172)
7. A. C. Ollomao (Barreiros) Estrea teatral, concursos (1.370)
8. Guillem Veiga Iglesias (Barreiros) Viaxe cultural (997)
9. C. I. R. de Benquerencia (Barreiros) Viaxe cultural (1.172)
10. AA. VV. San Pastor (Barreiros) Viaxe cultural (1.172)
11. Anpa Ceip San Miguel (Barreiros) Saída cultural, maxia (1.098)
12. Fundación Imdecum (Burela) Festival Imaxiña (1.221)
13. Anpa Ceip Vista Alegre (Burela) Xogos interxeracionais (1.122)
14. Fundación Eu Son (Burela) Eu Son Co Teatro (1.100)
15. Usuarios Escola de Música (Burela) Campamento musical (1.072)
16. Coral polifónica de Burela (Burela) Desprazamento a concertos (700)
17. Cova do Can (Burela) Cova Rock (799)
18. Anpa IES Perdouro (Burela) Viaxe cultural, revista escolar (1.023)
19. Saúde Mental A Mariña (Cervo) Revista Agarimo (1.370)
20. A Rebolaxe (Cervo) Foliada Nordestía (1.172)
21. Airiños do Xunco (Cervo) Queimada Popular, outros (1.321)
22. Anpa Ceip Cervo (Cervo) Representación teatral (571)
23. A Subela (Foz) Clases pandeireta, canto (1.172)
24. O Atrio de Vilaronte (Foz) Mercado aos Pés da Cornería (973)
25. Sin Xeito (Foz) Entroido (973)
26. Coral Polifónica de Foz (Foz) Clases, concertos (1.023)
27. Banda de Música de Foz (Foz) Obradoiro musical (973)
28. As Farangullas (Foz) Entroido (923)
29. AA. VV. O Torques de Marzán (Foz) Viaxe cultural (973)
30. O Castro de Vilaronte (Foz) Festival do Emigrante (1.097)
31. Pé do Molete (Foz) San Xoán (874)
32. Anpa Colexio Fondo Nois (Foz) Convivio cultural (874)
33. Coro Os Castros de Cangas (Foz) Encontro dos Coros Rurais (1.023)
34. C. R. Casino de Mondoñedo (Mondoñedo) Nadal infantil (1.270)
35. Xoldra (Mondoñedo) Actuación musical (1.369)
36. A. C. Pedregas (Mondoñedo) Concerto de campás (1.121)
37. O Pasatempo (Mondoñedo) Magosto (1.220)
38. AA. VV. de Vilaoalle (Mondoñedo) Magosto (1.140)
39. Anpa Escola de Música (Mondoñedo) Mamá Quero Cantar (1.270)
40. AA. VV. Parroquia do Carme (Mondoñedo) Magosto (1.171)
41. AA. VV. Guadalupe de Grobe (Mondoñedo) San Xoán (1.071)
42. Batitales (Mondoñedo) Xornadas Urbanismo (1.270)
43. Camiño Norte (Mondoñedo) Xornadas Camiño Santiago (1.121)
44. Sendeiriña (Mondoñedo) Viaxe cultural (1.171)
45. Abrindo Camiño (Mondoñedo) Xornadas do Peregrino (1.369)
46. Aturuxeiros de Bravos (Ourol) Certame Artes Escénicas (1.345)
47. CIT A Pontenova (A Pontenova) Exposición (1.121)
48. A. C. Bruar (Ribadeo) Curso de Jazz (1.022)
49. A Mariña Battles (Ribadeo) Neoverbena (972)
50. As Vacas Fracas (Ribadeo) Xornadas culturais (972)
51. Paso Miúdo (O Valadouro) Viaxe cultural (736)
52. Serra do Xistral (O Valadouro) Xornada cultural (570)
53. Anpa E. I. O Valadouro (O Valadouro) Obradoiros (600)
54. Os Tres Pés (Trabada) Contacontos, obradoiros (1.295)
55. AA. VV. Casco Antigo (Viveiro) Revista cultural (922)
56. AA. VV. Camiño de Galdo (Viveiro) Viaxe cultural (922)
57. Aspanane (Viveiro) Maxia e narración oral (1.046)
58. A. C. Proa de Viveiro (Viveiro) A Trastenda de Nicomedes (1.022)
59. Coral Polifónica Alborada (Viveiro) Vestimenta actuacións (948)
60. Anpa Illa de Sarón (Xove) Viaxe cultural (950)