Portocelo abrirá este venres as festas de Nosa Señora coa Festa do Langostino e do Churrasco

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

Detalle da praia de Portocelo, en Xove, un recuncho da Mariña lucense case descoñecido e moi fermoso
Detalle da praia de Portocelo, en Xove, un recuncho da Mariña lucense case descoñecido e moi fermoso PEPA LOSADA

A cita gastronómica dará comezo ás nove da noite

07 sep 2023 . Actualizado a las 21:11 h.

A parroquia de Portocelo, no concello de Xove, iniciará este venres, 8 de setembro, as festas na honra de Nosa Señora coa Festa do Langostino e do Churrasco. A cita dará comezo ás 21.00 horas. Máis tarde, a partir das 23.00 horas, arrincará a «festa rachada» con dúas actuacións musicais: a do Dúo Tropical e a da orquestra Ritmo Joven. Mañá, sábado 9, ás dez da mañá botarán bombas de palenque, e á unha da tarde haberá misa solemne na igrexa parroquial de Portocelo. A continuación, desde as dúas da tarde, sesión vermú con Nueva Fuerza, e partir das seis terá lugar un campionato de bolos. Pola noite amenizarán a gran verbena as orquestra Nueva Fuerza e Charleston Big Band. A disco móvil Conxuro estará ata o fin da xornada.

Sesión vermú do domingo

O domingo 10 será a terceira e última xornada das patronais de Portocelo. Desde as dez da mañá haberá bombas de palenque, e ás dúas da tarde o Dúo Pegaso amenizará una sesión vermú prolongada. Organizan os festexos da parroquia a asociación A Medorra e o Concello de Xove.