Xove anima a vestirse de branco na Festa das Flores que celebrará o sábado 17

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

CEDIDA

Haberá mercado tradicional desde as 10.30 horas

14 may 2025 . Actualizado a las 09:58 h.

O Concello de Xove celebrará este sábado, 17 de maio, a Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, e que coincide coa festividade do día das Letras Galegas. Na presentación do cartaz participaron o alcalde, Demetrio Salgueiro, xunto coas concelleiras Dolores Meitín, Cristina Iglesias e Tamara Soto, ademais dos membros da comisión de festas: Benigno, Carlos, Borja e Dalmacio. Todos eles invitan a veciños e visitantes a gozar dese día de alegría vestidos de branco.

Mercado tradicional

Ás 10.30 haberá mercado tradicional, mentres que ás 11.30 horas arrincará o pasarrúas coa A.C. Saíñas e a charanga NBA. Haberá logo demostración de oficios tradicionais. Á unha da tarde dará comezo a misa, con ofrenda floral á virxe. Ás 14.15 horas, sesión vermú co grupo Fenix. En horario de mañá e tarde desenvolveranse obradoiros para nenos baseados na temática das flores. Ás cinco da tarde haberá inchables, e ás cinco e ás seis e media terá lugar un obradoiro de cerámica.

Mago Karrolo

O mago Karrolo actuará ás seis e ás sete da tarde, e tamén amosarán o seu bo facer o grupo Xoaniñas, do colectivo cultural Saíñas.

Pola noite, desde as dez, haberá verbena co grupo Fénix e, a continuación, ata ben entrada a madrugada, a discomóbil Conxuro. Rematará a cita festiva con queimada popular.

Pódese comer durante a xornada en Bar Pepe, A Fuga, A Cívica, O Refugio, Bar Cociña, Antoxo, Bar A Cancela e Cabaliño.