
Hay que sumar acompañantes y visitantes al encuentro que habrá este sábado 4 de octubre
04 oct 2025 . Actualizado a las 13:16 h.Al poco de abrir el plazo de inscripción el departamento de Muller e Igualdade del Concello de Xove para el XIV Encontro de Palilleiras Coas Nosas Mans, que se celebra este sábado día 4 de octubre, había anotadas «case un centenar de palilleiras de distintas provincias galegas, e máis de vinte postos de venda de produtos e de artesanía de Galicia e Asturias», según señalaban Lucía Sanchez y Tamara Soto. Entonces aún quedaban días para que venciese el periodo de inscripción. A unas horas de que se celebre el evento, el Concello de Xove espera contar con unas 300 participantes, a lo que hay que sumar acompañantes y visitantes, más vendedores de artículos relacionados con la labor manual. No vendrán solo de Galicia sino también de otras comunidades limítrofes. La cita está organizada por la concejalía de Sanidade, Servizos Sociais, Muller e Igualdade del ayuntamiento y las profesoras Rocío Rivera Seara (de bolillos) y Carmen García Fernández (de bordado). Patrocina el Concello de Xove y colabora la Asociación Cultural Saíñas. En el programa de mano un código QR dirige al internauta al grupo del encuentro. Este tendrá lugar en horario de mañana y tarde, de 10.30 a 13.00 horas y de 16.30 a 19.00. Se desarrollará, como siempre, en el Pabellón Municipal de Deportes de Xove.
La agenda del día
El programa del Encontro de Palilleiras de Xove arrancará con la recepción de las participantes. De 11.00 a 13.00 será la demostración de los trabajos, que se realiza en vivo. A las 11.30 habrá un acto de bienvenida. De 13.00 a 16.30, la hora del almuerzo. A las 16.30, sorteos y demostraciones. Y a las 19.00, despedida hasta 2026. Estará amenizado por el Grupo de Gaitas Saiñas de Xove.
Demetrio Salgueiro, alcalde xovense: «A esta cita vén xente de Galicia, tamén de Asturias e Castela León e ponnos no mapa»
O Encontro de Palilleiras é un dos eventos máis destacados na axenda anual do Concello de Xove, que ensalza ao mesmo tempo unha manualidade que vén de antigo.
—Non sei se tivo ocasión de que lle ensinaran a palillar nalgunha destas citas xovenses...
—Fáiseme moi díficil. Penso que perdería a paciencia, seguramente. En verdade, nunca probei. Acórdome, iso si, que no colexio fixera en traballos manuais algo de calceta. E foi o máximo ao que cheguei...
—Nesta arte non se ven moitos homes habitualmente.
—Houbo algún ano que si participou algún home, pero máis ben indo como acompañante, e tamén algún neno, nalgunha ocasión. Pero a maior parte, si, son mulleres.
—A nivel local, é unha actividade que potencia o Concello de Xove dentro da súa oferta de cursos á poboación.
—Xa fai moitos anos que está dentro dos talleres que organiza o Concello. Ofertamos de bordado e de bolillos. Levan anos de tradición e existe xa un grupo consolidado, no que permanece moita xente de cando empezou pero también algunha nova que se foi anotando., co cal é unha garantía de futuro e anima a seguir.
—Como moitas outras actividades, pode ser beneficioso incluso para manterse activo, como unha especie de ximnasia para o cerebro, especialmente nas idades máis avanzadas.
—Á xente maior tamén lles axuda a manter a mente despexada facer unha actividade deste tipo, que favorece a concentración pero tamén ten esa parte de función cultural e social porque incluso motiva a moita xente a sair da casa, para charlar cos compañeiros e tomar un café. Acaba sendo algo así como unha familia fóra da familia.
«Incluso motiva a moita xente a sair da casa, para charlar cos compañeiros e tomar un café. Acaba sendo algo así como unha familia fóra da familia»
—As manualidades nunca pasan de moda, como se comproba.
—Non, e en Xove hai xa un grupo consolidado tanto en bordado como en bolillos. Aquí tamén temos os bolos, por exemplo, ou a Escola de Maiores, que é un referente, así como a celebración de cursos de ximnasia de mantemento, nos que hai moita xente anotada. No colectivo de palilleiras, hai xente de todas as idades e a maioría é de mediana idade.
—Outro aspecto relevante de encontros coma este é a repercusión turística a nivel local.
—Si, porque a esta cita vén xente de outros puntos de Galicia, pero tamén de Asturias e Castela León e pon a Xove no mapa. Non é só polos participantes, senón tamén polos acompañantes, que aproveitan o día para visitar o municipio e coñecernos un pouco máis. Ten ese compoñente de promoción do turismo, que tamén axuda, coma calquera actividade que atrae xente de fóra. Sempre digo que pese a non ser un dos referentes turísticos da Mariña, somos un concello que tén moito que ensinar. Xove está moi coidado e tratamos de conservalo para futuras xeracións. Os que nos visitan quédanse sorprendidos dende o contacto coa natureza e deses espazos nosos fermosos. Vai haber aquí en torno a 300 persoas, que doutra forma non estarían en Xove este sábado. A pesar de non ter moitos establecementos de hostalería, avanzouse moito nos últimos anos e hai moitas vivendas de uso turístico, así como interese por mercar e arranxar casas incluso no rural. Notamos un incremento moi grande nos últimos dous anos. Cada vez máis xente se vai dando de conta de que Xove é un lugar atractivo para visitar turísticamente. É algo que consideramos positivo, pois quere dicir que a xente que nos visita está cómoda en Xove e gústalle o que ve.