Un xénero moi apropiado para a falta de tempo dos lectores

La Voz

AROUSA

25 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

En palabras de Alonso Montero, o premio Lueiro Rey deste ano «non descobre a un narrador porque Xabier López López xa é un escritor con recorrido». Nese recorrido figuran tres libros, Biff, bang, pow , en 1997, Doctor Deus , en 1999, e O Caderno , en 2001, que gañou o premio Risco de literatura fantástica. López López explicou que un dos motivos para se presentar ó Lueiro Rey eran os nomes dos gañadores anteriores, Jaureguízar, Manuel Darriba, a participación de Xosé Carlos Caneiro.Sobre o libro presentado onte, O mono do espello , editado por Sotelo Blanco, Xabier López explicou que o escribiu en 15 días e que «ten dous protagonistas, un neno que se perde nunha praia e que ninguén recolle, e o dun profesor que se move mal na vida con esta non coincide coas súas lecturas». López, que con este libro, estrenouse como autor de novela curta, considera que este xénero «é moi válido para os lectores porque agora anda todo o mundo anda mal de tempo e a extensión da novela curta permite ler e rematar a historia sen ter que deixala dun día para outro».Tras esta primeira incursión López López asegura que a seguinte, de producirse, dependerá do argumento.