Carlos Suárez iniciará o mércores no baloncesto os viandantes na Praza de Galicia

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

03 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A sétima edición do Vilagarcía Basket Camp chegará a partir de mañá cargada de novidades. Entre elas, a celebración o vindeiro mércores dunha particular clase de iniciación ao baloncesto para todos aqueles adultos que se acerquen ou pasen pola Praza de Galicia da capital arousá.

Alí estará o aleiro do Asefa Estudiantes Carlos Suárez, un dos quince preseleccionados por Sergio Scariolo para o equipo español que disputará o vindeiro Mundial de baloncesto desde finais de agosto. O xogador da Liga ACB ensinará nocións de tiro, de bote e de entrada a canastra nunha media cancha creada para a ocasión, co humorista Pepo Suevos como mestre de cerimonias. Xunto a eles, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, a concelleira de Deportes, Victoria Hierro, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete.

Máis novidades

Antes, o martes a partir das 22 horas, haberá un 3 por 3 nocturno coa participación dun trío de primeiro nivel. E durante o campus, e grazas ao Concello, os alumnos poderán percorrer Vilagarcía en tres quendas coas bicis do Vai Bike. Ademais, o xoves, e coa colaboración de Zona Aberta, os rapaces do VBC participarán nun xogo de búsqueda do tesouro con pistas colocadas nos ventanais das tendas vilagarciás.