Carlos Suárez, o postre dun menú «gourmet»

La Voz

AROUSA

10 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Tras seis días de aprendizaxe, pero tamén de diversión, os alumnos do sétimo Vilagarcía Basket Camp despedíronse na mañá de onte dos seus monitores e demais profesorado. Un profesorado de luxo, con cinco xogadores da Liga ACB pasando polas clases do campus de Fontecarmoa. Entre eles, o aleiro do Real Madrid e, salvo sorpresa, integrante da selección española que xogará o Eurobásket de Lituania en setembro. Carlos Suárez, na imaxe, quen estivo nas dúas últimas xornadas do VBC. foto m. irago