Adrián Vidal, campión estatal absoluto

vilagarcía / la voz

AROUSA

31 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

O xogador do Cambados TM Deporte Galego Adrián Vidal proclamouse a pasada fin de semana campión do Torneo Estatal de Categorías, disputado en Guadalajara. Vidal impúxose en todos os seus partidos do cadro absoluto, e deulle ao seu club a única boa nova, co resto do equipo por baixo das súas posibilidades.

Mariña Chaves, na categoría benxamín feminina, e Andrea Chaves, na alevín feminina, caeron no cruce de trintaedousavos de final. E Paula Padín, en alevín feminina, non conseguíu pasar sequera ao cadro final, ao igual cos seus compañeiros de club Nuria Regueiro, en alevín, e Martín Regueiro, en infantil.